Crónica da 1ª Proba do Circuito Galego de Bodyboard (Praia da Frouxeira)
Este domingo 24 de febreiro tivo lugar o II Campionato de Bodyboard da Frouxeira, primeira proba puntuable para o circuito galego 2013, disputado nunhas condicións climatolóxicas moi duras, pero cun gran éxito de participación e organización.
Alex Rico, Pedro Rodríguez e Bruno Martín foron os campións nas diferentes categorías. A Federación Galega de Surf informa de todo o sucedido na súa crónica da proba, que contou coa colaboración do Concello de Valdoviño.
- Inicie sesión para enviar comentarios