Entronque saneamento de Aviño a colector do Paraíso e saneamento a Casasnovas
Contratación das obras do Plan de Cooperación cos Concellos (PCC) 2008-2011: Traballos xerais de construción de conducións locais de auga e de saneamento, incluídas as obras auxiliares.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Valdoviño, en sesión ordinaria celebrada o día 21 de novembro de 2012, adoptou o seguinte acordo: Adxudicación de obras do PCC (Plan de Cooperación cos Concellos 2008-2011). Adxudicar a obra "Entronque saneamento de Aviño a colector Paraíso e saneamento a Casasnovas" á empresa Excavaciones Saavedra y López, S.L., polo prezo total de 48.700 euros, dos que 41.271,19 euros corresponden ao prezo sen IVE e 7.428,81 euros ao IVE e prazo de execución 2 meses, a contar dende o día seguinte ao da sinatura da acta de replanteo.