Lago
Santiago de Lago é unha parroquia situada no oeste do concello. Marcada pola lagoa que lle da o seu nome, en Lago atópase a principal obra arquitectónica do municipio, a barroca igrexa de Santiago Apóstolo.
Preto do templo están instalacións como a piscina municipal, a pista deportiva, o centro social ou a Cooperativa de Lago. Tamén temos aquí a escola rural, nuns terreos adquiridos á Condesa de Pardo Bazán en 1917 pola cantidade de 300 pesetas.
Poboación (2011): 1.122 habitantes (573 mulleres e 549 homes).
Festividades: Santiago Apóstolo (25 de xullo), Nosa Señora dos Dores (15 de setembro).
Asociacións: A.VV. Santiago Apóstolo de Lago, A.C.R. Vecinos de Lago, Sociedade de Cazadores Valdoviño, Unión Deportiva Lago.
Entidades de poboación: O Barreiro, A Bouza da Cabra, Broño, O Canteiro, Castido, O Castro, Fraguizón, Lanzós, A Lóngara, Mosende de Abaixo, Mosende de Arriba, O Muíño, O Outeiro, Pazos, A Pena, O Penido, Poi, Santo André, Soutullo, A Torre, Viansil e O Vilar de Lago.