Creación dunha bolsa de emprego de traballador/a social funcionario/a interino/a, mediante o sistema de concurso-oposición no Concello de Valdoviño
O obxecto desta convocatoria é a creación dunha lista de aspirantes para futuras coberturas como funcionario/a interino/a de traballador/a social para cando sexa posible a súa cobertura de conformidade cos requisitos esixidos pola normativa aplicable e previa acreditación no expediente da existencia de crédito adecuado e suficiente para esta finalidade.
A lista de aspirantes creada terá unha vixencia de catro anos. Non obstante, a dita lista quedará anulada automati- camente se antes da finalización da súa vixencia se convoca un novo proceso selectivo e se aproba unha nova lista de aspirantes.
15 DIAS NATURAIS contados dende o seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP