Contratación de 20 socorristas para o servizo de salvamento do Concello de Valdoviño
Data de inicio da convocatoria:
xoves, 22 Xullo, 2021
Obxecto:
O obxecto desta convocatoria é a contratación laboral temporal, de 20 socorristas para formar parte do Servizo de Vixilancia e Socorrismo acuático das praias do Concello de Valdoviño, durante a tempada estival (ata 31 de agosto), para cumprir as obrigas municipais en materia de vixilancia, salvamento e socorrismo acuático.
Fase de tramitación:
Resolto
Prazo de solicitude/presentación:
5 días naturais a contar dende a publicación do anuncio da convocatoria nun xornal dos de maior tirada da comarca.