Contratación de auxiliar de biblioteca
En virtude da Resolución número 2020/42100, de data 18 de febreiro pola que se avoca a competencia para modificar as Bases Reguladoras do Programa PEL CONCELLOS REACTIVA 2021, de Integración Laboral mediante a contratación de persoal en risco de exclusión para a execución de obras e servizos mínimos municipais dos Concellos da Provincia de menos de 20.000 habitantes, incluído na Liña 1.1. do Plan de Emprego Local 2021, publicada en data 23 de Decembro do 2021 no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña número 220, a Excma. Deputación de A Coruña concede ao Concello de Valdoviño unha subvención por importe de 86.000,00 € para a execución de obras e servizos mínimos municipais, anualidade 2021.
Así, é vontade do Programa PEL CONCELLOS REACTIVA 2021 contribuír á xeración de emprego e actividade económica mediante a contratación de persoal en situación de exclusión laboral para a prestación dos servizos mínimos municipais.
Neste senso, é obxeto da presente convocatoria a contratación dun/dunha Auxiliar de Biblioteca, mediante o procedemento de concurso.
5 DIAS NATURAIS que contan dende o día seguinte ao da publicación de anuncio no xornal (o domingo día 14 de marzo).