Praza en propiedade de arquitecto (funcionario de carreira)
Nomeamento en propiedade, a través do proceso selectivo de CONCURSO-OPOSICIÓN, dunha praza de ARQUITECTO/A, pertencente ó cadro de persoal de funcionarios de carreira, encadrada na escala de Administración Especial, subescala técnica, clase técnicos superiores, grupo “A”, subgrupo “A1”.
As retribucións básicas, complementarias e extraordinarias que corresponden ó posto de traballo, por tódolos conceptos, son as que figuran no orzamento municipal aprobado para o actual exercicio económico, coas actualizacións que procedan para as seguintes anualidades, no seu caso.
As funcións propias do posto obxecto da convocatoria están recollidas na RPT vixente.
20 dias naturais a partir da publicación no Boletín Oficial do Estado (anuncio do 8.12.20)