Proxección do filme de animación “Smallfoot” este xoves na pista polideportiva de Lago
O ciclo de cine de verán do Concello de Valdoviño continuará este xoves 23 de xullo na pista polideportiva de Lago. Alí, a partir das 22,45 horas, proxectarase o filme de animación «Smallfoot». As persoas interesadas en asistir poden retirar dende hoxe luns 20 de xullo as súas invitacións -un máximo de 5 por persoa-. Deberán acudir á Oficina Municipal de Turismo sita na Porta do Sol de 11 a 17 horas hoxe, mañá martes e o mércores 22 de xullo e en horario de 11 a 14 horas se o fan o xoves 23. Neste caso, habilitouse tamén un segundo punto de retirada de invitacións no propio local da AVV de Lago.
En caso de choiva o pase, que se inclúe na Rede Cultural da Deputación Provincial da Coruña, trasladaríase á Casa da Cultura.