O Concello aproba a adquisición dunha parcela de 4.000 m2 ao pé da Frouxeira
O pleno do Concello aprobou por unanimidade a modificación de crédito necesaria para afrontar a adquisición dunha parcela ao pé da praia da Frouxeira duns 4.000 metros cadrados. Execerá así a súa opción de compra sobre os terreos, destinados a día de hoxe a equipamentos. Lindan co cámping municipal A Lagoa e o custe da propiedade fixouse en 139.000 euros.
Inicialmente, o alcalde, Alberto González, avanzou que o Concello manterá o seu uso como aparcadoiro para dar servizo aos usuarios e usuarias do areal. Uso hoxe posible grazas á cesión temporal por parte dos actuais propietarios a cambio do mantemento.