Arrancan en Pantín e Aviño os campamentos de verán do Concello
Un total de 11 nenas e nenas de entre 3 e 5 anos e 20 nenas e nenos de 6 a 14 participan dende onte en Aviño e Pantín nos campamentos de verán Concilia Tempos. Un programa impulsado pola Concellería de Servizos Sociais de Valdoviño co ánimo de favorecer a conciliación da vida laboral e o coidado dos nenos e nenas por parte das familias.
Cada día, de luns a venres e de 8,30 a 14 horas, sucederanse as sesións de aquí a setembro -ata uns días antes do inicio do curso escolar-. En Aviño celébranse as actividades para os/as máis pequenos/as, priorizando o uso da zona exterior, e incluíndo cancións, contos, manualidades, xogo libre e actividades relacionadas coa natureza.
No local social de Pantín, desenvólvese o programa para nenas e nenos de 6 a 14 anos. Na oferta de actividades hai roteiros, xogos, investigación, deportes, convivencia, valores, tempos de praia...
Iso si, en todo caso, estanse a aplicar as medidas sociosanitarias establecidas con grupos reducidos e desenvolvendo a maior parte das actividades en exterior.