Exposición pública da matrícula do IAE 2020
En data 15 de Xuño do 2020 o Concello de Valdoviño procede a exposición pública da matrícula do Imposto sobre Actividades Económicas IAE 2020, elaborada e facilitada a Excma. Deputación de A Coruña pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
Tendo en conta a actual situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, que motivou a declaración do estado de alarma mediante o Real Decreto 463/463/2020, do 14 de Marzo, as consultas da matrícula do Imposto sobre Actividades Económicas IAE 2020 poderán realizarse a través da Oficina Virtual Tributaria na seguinte ligazón:
https://ovt.dacoruna.gal/ovt/EXPB/150009/DCORUNA/homenoauth/pag3
De igual xeito, os contribuíntes poderán solicitar cita previa no teléfono 981 487 041 para consultar a devandita matrícula no Concello de Valdoviño.
O prazo de exposición pública da matrícula polo Imposto sobre Actividades Económicas IAE 2020 remata o 30 de Xuño do 2020.