O Concello poderá destinar os 328.527,51 euros do superávit de 2019 a gasto e investimento en servizos sociais
Alcaldía daba conta no último pleno celebrado a semana pasada do decreto de liquidación do 2019, constatando un superávit de 328.527,51 euros e un remanente de 1.190.464,51 euros. Nesta liña, o alcalde, Alberto González, informou de que o municipio cumple coas reglas de gasto, estabilidade financiera e periodo medio de pago a proveedores, que no primeiro trimestre do ano foi de 18 días. Que significa na práctica? González explica que o Concello poderá destinar o superávit a gasto social. Máis concretamente, a actuacións sociais necesarias a raíz do estado de alarma xerado polo COVID-19. Un destino permitido agora polo Goberno central para aqueles municipios que cumpren con estas condicións económicas.
Así mesmo, o alcalde está realizando as consultas necesarias con instancias superiores para ver a viabilidade de destinar tamén parte do remanente a este fin.
Neste contexto, e sobre a idoneidade de celebrar plenos e reunións de xunta de goberno ou comisións de xeito presencial, Alberto González defendeu esta medida, sempre cumprindo as distancias e medidas de prevención, por varias cuestións:
-Coherencia. Como representantes municipais tan só están facendo o mesmo que se lles pide aos traballadores municipais esenciais e os concelleiros e concelleiras non van facer menos que estes.
-Necesidade de que a administración funcione. A corporación ten que continuar xestionando e adoptando decisións garantizando os servizos á veciñanza e poñendo en marcha iniciativas que den resposta ás súas necesidades, facilitando tamén o pago a proveedores e tentando minimizar o impacto desta crise na economía local.