Criterios de preferencia para a concesión de autorizacións para formación de surf, bodyboard, longboard e padle surf nas praias de Valdoviño en 2020
Valdoviño conta cunha ordenanza reguladora de uso das praias na que segundo o artigo 7 a realización de calquera tipo de actividade deberá dispor da preceptiva autorización municipal.
As actividades deportivas na praia, coma a práctica dos deportes acuáticos, vincúlase á necesidade de manter a seguridade así coma garantir o uso libre e gratuíto. Nos últimos anos o desenvolvemento dos deportes vinculados á praia, en especial o surf, teñen unha forte repercusión e incidencia nas nosas praias. Porén o Concello de Valdoviño debe de regular a ocupación da propia praia para que a incidencia sobre o baño libre e a seguridade sexan ás máis axeitadas.
A autorización emitida polo Concello de Valdoviño para as actividades formativas da disciplina deportiva do surf na tempada 2020, será independente da obtención de calquera outra autorización de outros organímos ou Administracións que foran esixibles por razón da actividade.
Co fin de garantir un uso seguro e pacífico da praia, limítase a concesión destas autorizacións para entidades durante a tempada 2020 a un número máximo de 8 na Praia de Pantín. No caso de recibirse excesivas solicitudes tendo en conta a seguridade e dimensións de cada unha das praias o concello poderá extender ditos criterios, que se poden consultar no arquivo adxunto, ós areais necesarios.