O Concello adxudica as obras de mellora e acondicionamento de 15 camiños municipais cun investimento superior aos 91.000 euros
O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá da sinatura do contrato coa empresa adxudicataria das obras de acondicionamento e mellora de 15 camiños nas parroquias de Lago, Meirás, Pantín, Sequeiro, Valdoviño e Vilaboa cun investimento de 91.507,20 euros que o Concello financiará con cargo ao Plan Complementario do Plan Único deConcellos (POS+ 2018) da Deputación provincial da Coruña.
Intervencións que se executarán ao longo de preto de 6,3 kms nestas parroquias e que se suman ás realizadas nos últimos meses noutras 25 rúas, camiños e pistas por importe de 167.000 euros.
Segundo o caso, as intervencións permitirán mellorar o firme dos diferentes viais mediante traballos de rebacheo, reposición de grava ou aglomerados; a seguridade vial coa colocación de sinais verticais e tamén sinalización horizontal, ou a limpeza de cunetas. En concreto, levaranse a cabo obras nos seguintes camiños e pistas:
- -Lago: camiño da Saria
- Meirás: camiño Lavadero a Riaña, camiño de Fornos por Granxa Santaia, camiño Canto do Muro-Lodeiro
- Pantín: camiño da Costa (zona do Baleo)
- Sequeiro: camiño Tuimil
- Valdoviño: camiño Atios, camiño baixada á Lagoa por Campeiras, camiño baixada á Lagoa por Chinos, camiño Entrerríos, camiño Meitufe e, camiño Fonte Aviño
- Vilaboa: camiño na Vilaxe; camiño da cooperativa (ramal dereito e ramal esquerdo).