- Galego
- Español
- English
III Carreira na Area
Uns 70 atletas tomaron parte o 27 de agosto na terceira edición da Carreira na Area da Frouxeira organizada pola Concellería de Deportes de Valdoviño que dirixe Sergio Saavedra. Unha carreira con participación gratuíta para fomentar o deporte en familia e, polo tanto, cun percorrido de baixa dificultade pensado para todas as idades. Así mesmo, e como novidade este ano, sumouse un percorrido adaptado para facilitar a participación de corredores con discapacidade intelectual ou física. Iniciativa tomada a instancias do colectivo Aspanaes.
En canto á clasificación, Rebeca Soto Viñas resultou a gañadora da categoría absoluta, namentras que Nicolás Sedes Doce logrou o trunfo na mesma categoría homes. En medianos (alevíns e infantís) as victorias foron para María Hermida Rodeiro e Diego González Pernas. En menores (benxamíns) para Alba Pena Soto e Iván Gaimes e, na categoría adaptada, a primeira en cruzar a liña de meta foi Fe Alba Pena Riveiro.
De seguido, os tres primeiros e primeiras por categoría:
Absoluta:
1. Rebeca Soto Viñas
2. Begoña Pernas Gómez
3. María Pérez Martínez
1. Nicolás Sedes Doce
2. Antonio Díaz-Montero Caramés
3. Juan Carlos González Orozco
Medianos:
1. María Hermida Rodeiro
2. Aroa Teijeiro Sevilla
3. Ainara Lamas Ramos
1. Diego González Pernas
2. Hugo Teijeiro Sevilla
Pequenos:
1. Alba Pena Soto
2. Noa Ardao Galego
3. Noa Romero
1. Iván Gaimes
2. Manuel Sedes Montero
3. Héctor Bermúdez Novo
Adaptada:
1. Fe Alba Pena Riveiro
2. Pablo Muñiz Roade
3. Carlos Cabanillas Trillo