- Galego
- Español
- English
Axudas Programa "Iniciativa Xove"
Normativa:
Orde do 23 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria (DOG nº 43 do 3/3/2016)
Obxecto:
Cofianciar a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos liderados pola mocidade da Comunidade Autónoma de Galicia, que se desenvolvan durante o ano 2016.
Áreas de atención prioritarias que se han desenvolver mediante as iniciativas xuvenís:
- Iniciativa Xove Emprendedora: proxectos que lle permitan á mocidade probar as súas ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade.
- Proxectos de fomento de actitudes creativas, innovadoras, participativas e de liderado da xuventude na súa comunidade e no seu contorno, así como de fomento da accesibilidade de mozos e mozas con discapacidade a actividades culturais e de tempo de lecer.
- Proxectos que permitan a participación en experiencias de educación non formal en distintos campos.
- Proxectos relacionados coa creación de espazos para a comunicación e coas novas tecnoloxías.
- Proxectos que fomenten a participación e a dinamización das mulleres novas galegas para que colaboren activamente na toma de decisións, xestión e execución desde o asociacionismo ou desde os grupos informais.
- Proxectos que contribúan á conservación do ambiente e á posta en valor do patrimonio natural.
A finalidade das subvencións é fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.
Proxectos subvencionables
Os proxectos de iniciativas xuvenís deberán estar enmarcados preferentemente dentro das áreas prioritarias que se recollen no artigo 1 desta orde e subvencionaranse actividades realizadas desde o 1 de xaneiro de 2016 ata o 15 de outubro de 2016.
Só se poderá presentar un proxecto por solicitante e o seu orzamento total non poderá ser superior a 5.000 €. Non se admitirán a trámite as solicitudes de axudas para proxectos cuxo orzamento sexa superior á citada contía.
Beneficiarios/as e requisitos:
1. Os grupos informais de mozos/as que desexen realizar unha iniciativa xuvenil e reúnan os seguintes requisitos:
- Estar formados por un mínimo de 5 e un máximo de 8 mozos ou mozas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos no momento de presentar a solicitude, debidamente identificados/as, asumindo un deles o papel de representante único do grupo e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden ao grupo. As persoas que os compoñan deberán estar empadroados nalgún dos municipios pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia.
- Que o grupo teña unha denominación que o identifique.
2. As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á mocidade que carezan de interese de lucro e as súas respectivas federacións deberán estar inscritas no censo oficial dependente orgánicamente da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, regulado no Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de mocidade, modificado polo Decreto 58/2012, do 12 de xaneiro, o día de remate do prazo de presentación de solicitudes, e cumprir a legalidade vixente no referente ás idades nas asociacións xuvenís (Real decreto 397/1988)
En ambos os dous casos non poderán estar incursos en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e terán que ter xustificadas as axudas recibidas no último ano.
Axudas
Os proxectos de iniciativas xuvenís deberán estar enmarcados preferentemente dentro das áreas prioritarias e subvencionaranse actividades realizadas desde o 1 de xaneiro de 2016 ata o 15 de outubro de 2016.
Só se poderá presentar un proxecto por solicitante e o seu orzamento total non poderá ser superior a 5.000 €. Non se admitirán a trámite as solicitudes de axudas para proxectos cuxo orzamento sexa superior á citada contía.
Documentación:
- Solicitude para entidades e para grupos informais de mozos/as e anexos | presentación electrónica na sede
As solicitudes das asociacións xuvenís, das entidades que presten servizos á mocidade e das súas respectivas federacións deberán ir acompañadas del:
- Da copia do DNI/NIE do presidente/a da asociación ou da entidade, só no caso de que non dea o seu consentimento expreso para que se comprobe telematicamente o seu DNI/NIE.
- Da certificación do secretario/a da entidade que inclúa a composición completa do seu órgano de dirección no momento de presentación da solicitude. A dita certificación deberá incluír para cada membro o nome completo, o NIF e o cargo ou función que desempeña dentro do citado órgano de dirección.
- Do proxecto de iniciativas xuvenís, seguindo estritamente o modelo publicado como anexo III.
As solicitudes dos grupos informais deberán ir acompañadas da seguinte documentación:
- Un poder de representación a favor dunha persoa membro do grupo, asinado polas demais persoas que o compoñen (anexo IV).
- A copia do DNI ou NIE e certificado de empadroamento orixinal e actualizado da persoa representante do grupo e dos/das demais membros que o compoñen, só no caso de que non dean o seu consentimento expreso, riscando no recadro correspondente, para que se comprobe telematicamente os seus datos de identidade e residencia.
- Anexo II - declaración responsable/autorización. Un anexo por cada persoa membro excepto o/a representante,
Prazo de solicitude:
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde. Ata o día 4 de abril de 2016 (por ser o 3 inhábil).
Lugar de presentación:
- Preferiblemente por vía electrónica:https://sede.xunta.es
- Consellería de Política Social
- Nos lugares dispostos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 e novembro.