- Galego
- Español
- English
Conecta- Peme
A Xunta abre o prazo de solicitudes do Conecta-Peme para mobilizar proxectos de innovación empresarial.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria da terceira edición do programa Conecta-Peme, que mobilizará 40 millóns de euros a través de proxectos de innovación de alto impacto liderados por pequenas e medianas empresas galegas.
Conecta-Peme inclúe 20 medidas de simplificación e flexibilización administrativa, atendendo así á demanda das propias empresas de reducir os esforzos destinados aos procesos burocráticos. Deste xeito, o programa apoia proxectos que supoñan unha innovación disruptiva ou radical e que xustifiquen un alto impacto económico, polo que se valorará o novidoso das tecnoloxías xeradas, pero ademais, e moi especialmente, a súa capacidade para xerar rendibilidade no mercado e, en consecuencia, contribuír ao crecemento económico de Galicia.
22 de xaneiro