- Galego
- Español
- English
Programa Re-emprende 2015
A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol vai desenvolver o programa Re-Emprende, o cal pretende dar resposta ás necesidades dos emprendedores en canto a formación e asesoramento, así coma ás necesidades das empresas no que se refire á modernización do seu modelo de negocio e á innovación co fin de garantir a súa supervivencia.
EMPRENDER NA EMPRESA: Obradoiros de Intrameprendemento
Os obradoiros de intraemprendemento teñen como obxectivo incorporar e facilitar a actividade emprendedora dentro das empresas garantindo así a súa sustentabilidade. Realizaranse ademáis dúas sesións de consultoría personalizada para lograr crear climas de traballo máis creativos, equipos de traballo autónomos, proactivos e motivados. Sesións grupais
Data: 9 e 16 de Decembro do 2015
Horario: De 16.00 a 20.00
Lugar: Asociación de Empresarios de Ferrolterra, Punta Arnela – Edf. usos múltiples, 2ª Planta.
Sesións de equipo individualizadas.
Serán acordadas de xeito individual con cada empresa participante.
INICIACIÓN Á CREACIÓN DE EMPRESAS
Os obradoiros de “Iniciación á creación de empresas”.Unha aproximación ao proceso de emprendemento, á búsqueda de ideas empresariais e análise da súa viabilidade.
Dirixidos a calquer persoa con inquietude emprendedora que non dispoñen aínda dun proxecto definido.
- Crear unha empresa é como…
- E si creamos unha empresa?
- Que precisamos para emprender?
- A busca da idea: Dinámicas de xeración de ideas
- Primeiros pasos.
- En primeira persoa: Experiencia de un emprendedor/a
-Mugardos. 25 de novembro de 17:00 a 20:00. Salón de plenos do Concello de Mugardos. Avenida de Galicia nº45.
-Cogami, 2 de decembro de 10:00 a 13:00 R/ Sánchez Calviño, 56-58 baixo Ferrol
-Centro de Emprego Concello de Ferrol, 9 de decembro de 10:00 a 13:00 R/Sagrada Familia, 56.
-Fene, 10 de decembro de 12:00 a 15:00 Aula de cursos Concello de Fene Avd. Naturais 44, entrechán .
-Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz de Narón, 14 de decembro de 10:00 a 13:00 Polígono da Gándara, Av. do Mar, parcela 112.
CLAVES PRÁCTICAS PARA O PLAN DE NEGOCIO
Como enfocar a elaboración do plan de empresa dun xeito totalmente práctico para dar forma ao teu proxecto e determinar a súa viabilidade.
Si tes unha, este seminario servirache para saber como darlle forma ata convertilo nun proxecto viable.
1. A filosofía lean aplicada ao plan de empresa
Business Model Canvas
Como construir o produto mínimo viable
2. Acerta cos teus clientes
3. Análise da competencia
4. Como analizar a viabilidade do proxecto
Universidade da Coruña- Campus de Ferrol. 17 de decembro de 16:30 a 20:30. Edificio de Apoio ao Estudo. Aula- 1.1 ( Esteiro. Avda. Vigo s/n).
.