Explotación da cafetería sita na praia da Frouxeira
Adxudicación da explotación da cafetería da praia da Frouxeira. Formarán parte do obxecto do contrato, constituíndo obriga para o contratista adxudicatario, a custodia das chaves, limpeza, mantemento e xestión para o uso público dos servizos hixiénicos existentes no aparcadoiro central (zona rotonda).
A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria celebrada o 7 de agosto de 2013 acordou adxudicar o contrato do servizo de cafetería na praia da Frouxeira a Antonio Castro Padín, por importe de 6.050 euros, de acordo co Prego de cláusulas que rexen a contratación, e prazo de execución de dous anos.