Axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero 2013
Orde do 2 de abril de 2013 pola que se regulan as bases para a concesión das axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.
Artigo 1. Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases, que se inclúen como anexo, que rexerán a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas económicas individuais de carácter periódico de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as ditas axudas para o ano 2013.
2. A finalidade destas axudas é proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación en que corren perigo.
Artigo 2. Lugar e prazo de presentación das solicitudes
1. As solicitudes formalizaranse segundo o modelo do anexo I desta orde asinadas pola persoa solicitante. O formulario da solicitude así como os demais formularios normalizados referidos nas bases reguladoras e que figuran como anexos desta orde estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.es e na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade http://www.mulleresengalicia.es
3. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de outubro de 2013.
Artigo 4. Contía das axudas
1. A contía que poderá acadar esta axuda establécese en función das rendas e ingresos da solicitante da axuda en relación co indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) para o ano 2013.
Ata o 31 de outubro