"Programa Activad@s"
Onte deu comezo o "Programa Activad@ s", enmarcado dentro das actuacións para o envellecemento activo da Deputación da Coruña e organizado polo Departamento de Servizos Sociais municipais. A primeira sesión (impartida pola técnica da Fundación Educación, Deporte e Saúde), cunha agradecida participación, tratou o primeiro dos temas propostos: "O papel do exercizo físico na prevención e tratamento das enfermidades cardíacas". As persoas participantes puideron desfrutar dunha xornada totalmente activa chegando arealizar pequenas prácticas de actividade física ao finalizar a sesión.
O vindeiro xoves continuarase co programa, ás 18:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura para coñecer qué podemos facer para que os nosos ósos permanezan fortes por máis tempo.
- Inicie sesión para comentar