Bolsas de Formación en Arquivos
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca na programación 2012, 20 bolsas de formación en arquivos de Galicia.
As bolsas irán destinadas a actividades de formación relacionadas coa organización e descrición ou con outros procesos que integran o tratamento técnico dos fondos documentais custodiados nos arquivos municipais de galicia e outros arquivos de interese galego.
Entre outros, os beneficiarios deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Ter licenciatura universitaria ou equivalente na que predomine a formación en historia e/ou arquivística.
- Ter acreditado o dominio da lingua galega a nivel iniciación
- Non ter desfrutado con anterioridade de bolsas convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dun periodo superior a 24 meses.
- Non ter emprego remunerado nin desfrutar doutra bolsa ou axuda.
- Non ter sido sancionado por infraccción cometida por razón de bolsas concedidas para a organizacióne descrición de arquivos de interese galego.
A duración máxima da bolsa será de 6 meses e poderá ser prorrogable por outros 6.
Máis información no D.O.G.
Ata o 22 de xuño