Contratación laboral temporal dun/ha auxiliar de biblioteca
Esta convocatoria ten por obxecto a contratación laboral temporal dun/dunha Auxiliar de Biblioteca, mediante o procedemento de concurso-oposición, desempregado/a en situación de exclusión, para a realización das actuacións incluídas no Programa PEL-Concellos.
O Servizo Público de Emprego realizará unha sondaxe de demandantes, debendo remitir ao Concello os candidatos correspondentes, tendo e conta que terán preferencia en todo caso os colectivos con especiais dificultades de inserción laboral e, se é o caso, aqueles que teñan previsto a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción profesional, sinalados na base 3.3 das Bases Reguladoras, en réxime de concorrencia, do programa de subvencións á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais dos concelleiros da provincia da Coruña no ano 2026 (BOP nº 197 do 15 de outubro de 2025).
10 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación do anuncio no BOP