Praza de auxiliar administrativo
É obxecto das presentes bases a provisión en propiedade da praza que se inclúe na Oferta Pública de Emprego co- rrespondente ao exercicio do ano 2018, aprobada por Resolución de Alcaldía de data 25 de xaneiro de 2019 e publicada no Boletín Oficial da Provincia núm. 20 da Coruña do 29/01/2019 (Corrección de erros BOP núm. 24, de 04-02-2019), e réxese polas seguintes normas, cuxas características son: Grupo C2, escala administración xeral, subescala auxiliar, denominación auxiliar administrativo, número de vacantes 1, sistema de elección concurso-oposición.
O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado