Medidas de apoio ás familias destinadas á adquisición de material para o estudo e transporte
O obxecto da convocatoria é facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación e o seu fin é compensar a aquelas familias que polas súas condicións económicas teñan máis dificultades para afrontar os gastos derivados da escolaridade ou dos recursos de atención preescolar para a conciliación familiar e laboral.
Polo tanto, constitúe o obxecto das presentes bases, a regulación da convocatoria pública, por parte do Concello de Valdoviño, para a tramitación e concesión de subvencións destinadas a familias, para os gastos derivados do estudo nos niveis de infantil, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional ou universidade, así como para os gastos de matrícula dos recursos municipais de atención preescolar.
Trátase de promover unha política de benestar social que contribúa a paliar os efectos da crise, as diferenzas sociais, os riscos de exclusión social ou mesmo e que favoreza a integración dos nenos e nenas no sistema educativo e a integración das familias co contexto formativo-laboral.
5 días naturais a contar dende o día seguinte á publicación do anuncio no periódico de maior tirada da comarca (de data 21 de xullo).