O Concello inicia o reparto de mascarillas entre os nenos e nenas de 3 a 14 anos
O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello iniciará mañá venres 8 de maio o reparto de mascarillas hixiénicas reutilizables para nenas e nenos de entre 3 e 8 anos (incluídos) e de mascarillas dun só uso para aqueles de 9 a 14 anos (incluídos). Iso si, como requisito é preciso estar empradroados/as no municipio de Valdoviño.
As persoas interesadas neste material de protección, que se entregará gratuítamente, deben solicitalo chamando ou enviando un whatsapp (especificando nome e apelidos e dirección de residencia) ao número 653 63 64 17. O Concello fixará unha data para a súa recollida, que deberá realizarse na Oficina Municipal de Turismo sita na Porta do Sol.
Así mesmo, o Concello quere agradecer a colaboración da propietaria de Mercería Esther, veciña de Valdoviño, con esta iniciativa, donando a goma necesaria.