Servizos municipais de Valdoviño ante a situación de alerta
Ante as restriccións á atención presencial, o Concello de Valdoviño lembra á veciñanza que pode realizar os seus trámites coa Administración local de forma telemática (sede.concellodevaldovino.com) e telefónica no 981 48 70 41. Así mesmo, o rexistro xeral abre de 9 a 14 horas (só para tramitacións estrictamente necesarias), lembrando que os prazos dos procedementos administrativos en curso están a día de hoxe suspendidos.
Así mesmo, o departamento municipal de Servizos Sociais atende caqueles casos urxentes no correo servizos.sociais@concellodevaldovino.com e telefonicamente nos números 981 48 70 41 extensión 5 e 618 691 091.
Lembrar, así mesmo, que os distintos servizos municipais están a traballar con normalidade, favorecendo o teletraballo por parte da plantilla municipal nos casos posibles e a porta pechada nos restantes.