Medidas adoptadas polo Concello para previr o avance do coronavirus
O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá das medidas adoptadas polo Concello para previr o avance do coronavirus no municipio. Medidas trasladadas aos portavoces municipais. Son estas:
-A partir de hoxe, 12 de marzo, cancelación das actividades extraescolares e, a partir do luns 16, daquelas vencelladas cos centros educativos (programa Concilia Mañás!).
-A partir de hoxe 12 de marzo, peche dos locais municipais onde se desenvolvan actividades das asociacións do municipio, e do centro de maiores.
-Dende hoxe, peche de todos os espazos e inmobles deportivos de Valdoviño e cancelación das actividades dirixidas a persoas maiores.
-Dende hoxe, peche da Casa da Cultura e do Océano Surf Museo e de todas as actividades que nestes espazos estivesen previstas.
-A partir do luns 16, peche da Aula da Natureza-PAI.
As medidas terán unha vixencia inicial de 15 días.
Así mesmo, solicítase á veciñanza limitar o acceso á casa consistorial a aqueles casos de extrema necesidade e recoméndase realizar os trámites con cita previa, tentando facelo tamén vía telefónica e telemática nos supostos posibles. Recoméndase tamén non participar en actividades en locais non municipais.