Un total de 11 empresas optan ao contrato de renovación de parte da cuberta do pavillón
Un total de 11 empresas optan ao contrato de renovación dunha parte da cuberta do pavillón municipal de O Longoiro, en Meirás. O Concello de Valdoviño sacaba a contratación as obras cun investimento de 72.167,82 euros procedentes do POS+2019. Unha intervención moi necesaria polas deficiencias detectadas, especialmente en relación ao estado do panel sándwich e as placas de policarbonato e á corrosión detectada en elementos de anclaxe e fixación.
Para remediar a problemática, a actuación contempla a substitución dunha parte do material de cubrición nunha das augas que conforman a cuberta e a colocación de pezas de remate perimetrais e substitución do canalón.
Unha intervención que conta cun prazo de execución de 3 meses.