"Xuntos polo Nadal"
Dado o carácter familiar que teñen estas festas na nosa comunidade, e tendo en conta a situación de soidade na que se atopan moitas das persoas maiores, pola carencia de familiares, perda do seu cónxuxe ou a emancipación dos fillos, a Secretaria Xeral de Política Social convoca un total de 240 prazas para participar neste Programa distribuídas do seguinte xeito:
- Residencia de Tempo Libre do Carballiño (120 prazas): 60 para a provincia de Pontevedra e 60 para a da Coruña
- Residencia de Tempo Libre de Panxón en Nigrán (120 prazas): 60 para a provincia de Lugo e 60 para a de Ourense.
Este programa vaise desenvolver nas datas comprendidas entre o 23 de decembro de 2013 e o 2 de xaneiro de 2014.
O Programa contempla o aloxamento, en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa, durante 11 días (10 noites) que se computarán desde o momento de saída do lugar de orixe ata o momento da saída do centro no que se leva a cabo.
Beneficiarios:
Para ser beneficiario deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
- Ser maior de 65 anos.
- Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais que poidan alterar a convivencia.
- Non estar acollido en ningún centro residencial.
- Ter que pasar só/a as datas do Nadal.
Normativa:
Circular interna da Secretaría Xeral de Política Social. Ano 2013
O Programa contempla o aloxamento, en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa, durante 11 días (10 noites) que se computarán desde o momento de saída do lugar de orixe ata o momento da saída do centro no que se leva a cabo.
A saída desde os puntos de orixe (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense) realizarase o dia 23 de decembro pola mañá e o regreso o dia 2 de xaneiro de despois do xantar.
Prazo de presentación de solicitudes:
Ata o 25 de novembro de 2013.
Tramitación:
Servizos sociais comunitarios dos concellos, servizos sociais de atención primaria de saúde, xefaturas territoriais e centros sociocomunitarios de benestar dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.
Información:
TELEFONO SOCIAL 900 333 666
Ata o 25 de novembro