Hai apenas 3 semanas nacía en Valdoviño o movemento Maker Solidario. Capitaneado pola arquitecta técnica Reyes Montero, xefa do departamento de tecnoloxía do CPI Atios, e a estudante Alex Beceiro, este equipo está hoxe en día integrado por 31 homes e mulleres, de Valdoviño principalmente, pero tamén doutros concellos limítrofes como Ares, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e incluso Vilalba. E, en apenas 3 semanas, xuntos crearon coas súas impresoras 3D 3.079 pantallas faciais contra o coronavirus (a cifra é do sábado, pero seguro que hoxe xa medrou considerablemente).