A lagoa e praia da Frouxeira, cos aires do Atlántico inundándoo todo, é o marco singular e incomparable no que hoxe abría as súas portas o cámping de A Lagoa, tras un ano de obras que supuxeron unha transformación radical das instalacións. No día de onte o alcalde, Alberto González, realizaba xunto a Benito Vega, concelleiro de Obras, unha visita a este espazo municipal na que Eliseo Carballeira, Fernando Martín e María José Vázquez, responsables da UTE concesionaria da explotación do servizo, e promotora da actuación, actuaron como anfitrións.