Queres recibir cada día información de interese municipal, axenda de actividades deportivas, culturais ou sociais, avisos, incidencias, convocatorias…? O Concello de Valdoviño pon á túa disposición Novas Valdoviño, un servizo de información vía whatsapp. Súmate en dous pasos: Engade na túa libreta de contactos o número 626 95 89 72, envía a ese número un whatsapp coa palabra ALTA e o teu nome e apelidos e, listo!