A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o alcalde de Valdoviño, Alberto González, asinaron esta mañá no Concello naronés un convenio de colaboración entre ambas administracións para a prestación material do servizo de evacuación e tratamento das augas residuais nun núcleo de vivendas ubicadas en Valdoviño, nas proximidades dos límites territoriais fixados entre os dous concellos. Ferreiro indicou que a empresa mixta concesionaria deste servizo na cidade, Cosma, prestará o servizo aos propietarios e propietarias desas vivendas situadas no termo municipal limítrofe de Valdoviño.