O Concello de Valdoviño iniciou a pasada semana as obras de renovación da cuberta da casa consistorial. Unhas obras necesarias polo avanzado estado de deterioro da infraestrutura, que derivaba en continuas filtracións de agua aos pisos inferiores, provocando humidades e desprendementos aos mesmos de xeito recurrente.
Deste xeito, a intervención, que se realiza con fondos propios e executa a empresa Marcial Díaz, requerirá dun investimento cercano aos 45.000 euros e conta cun prazo de execución dun mes.