O Concello inicia o procedemento de orde de execución do Siroco
O pasado 13 de marzo o Concello de Valdoviño remitiu un escrito á empresa propietaria do antiguo edificio “El Siroco”, instándoa a arranxar os diversos problemas que presenta o edificio.
No escrito remitido o Concello dalle un prazo de 48 horas, unha vez recibida a comunicación, para que o propietario evite a caída de calquera elemento da edificación sobre a vía pública, retirando aquelas partes da carpintería exterior ou da fachada con perigo de desprendemento, e pechando os ocos mediante un entaboado de madeira ou colocando mallas de protección sobre a fachada ou calquer outro sistema similar que impida os desprendementos.
Actualmente o edificio, que está situado en primeira línea da praia da Frouxeira, sufre un estado de abandono cun grave risco de caída de cristais rotos sobre a vía pública e supón un perigo para os viandantes.
No caso de que os propietarios non poñan as medios para subsanar as deficiencias que presenta o edificio, o Concello poderá adoptar calquera medida de execución forzosa.
- Log in to post comments