Error message

  • Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls in menu_set_active_trail() (line 2375 of /home/concellodevaldovino/.ftp-users/arquivo/includes/menu.inc).
  • Deprecated function: implode(): Passing glue string after array is deprecated. Swap the parameters in drupal_get_feeds() (line 385 of /home/concellodevaldovino/.ftp-users/arquivo/includes/common.inc).
  • Notice: Trying to access array offset on value of type int in element_children() (line 6283 of /home/concellodevaldovino/.ftp-users/arquivo/includes/common.inc).

Un total de 7 empresas optan ao contrato das obras de construción do aparcadoiro e reordenación dos accesos ás praias de Meirás

Un total de 7 empresas presentaron a súa oferta ao proceso de contratación das obras de construción dun aparcadoiro disuasorio na contorna do campo de fútbol de Meirás nos terreos cedidos polos veciños da parroquia, así como nos viais municipais; os traballos de reordenación e mellora da accesibilidade ás praias de Punta Frouxeira e a construción dun campo de fútbol de herba artificial anexo ao terreo de xogo actual. Unha ambiciosa intervención orzamentada en 349.948,19 euros que financiarán Concello e Deputación provincial. Nesta liña, o alcalde, Alberto González, informaba esta mañá de que, tras pecharse o prazo de presentación de ofertas, no día de onte celebrábase a primeira mesa de contratación na que se daba conta da presentación da documentación administrativa por parte das empresas. Así mesmo, a próxima semana celebrarase a segunda mesa, na que se coñecerán as ofertas económicas.
 
Alberto González explica que na actualidade os accesos ás praias da zona de Punta Frouxeira colápsanse por mor da presenza continua e constante de vehículos sen organización que, á súa vez, dificultan o uso e desfrute deste espazo natural e da zona de ocio contigua ao campo de fútbol de Meirás.
 
Coas obras en carteira, o alcalde sinala que se busca un triple obxectivo: ordear e mellorar a accesibilidade aos espazos naturais conformados polas praias de Mourillá, Frouxeira e O Portiño, actuando sobre os camiños municipais existentes no entorno do equipamento do campo de fútbol. En segundo lugar, dotar a este entorno dunha zona de aparcamento disuasorio que favoreza o equilibrio e mellor uso da zona, reorganizando o espazo de estacionamento existente nos arredores do campo de Meirás. E, por último, acondicionar o espazo anexo existente como unha zona de ocio para a práctica de actividades e deportes relacionados coa natureza.
 
Trátase deste xeito de facilitar o acceso aos areais e á zona de ocio impedindo a invasión do dominio público marítimo terrestre por parte dos vehículos e organizar o tránsito peatonal.
 
En base a isto, o proxecto municipal contempla a construción de beirarrúas perimetrais de dimensións suficientes para o tránsito de peóns, sen obviar a aqueles con mobilidade reducida. Tamén a pavimentación dos viais, diferenciando a zona de estacionamento, habilitar pasos de peóns a nivel e prazas de estacionamento para persoas con diversidade funcional. Así mesmo, acondicionarase o actual campo da festa como un espazo multiocio para a práctica de actividades ao aire libre. Precisamente, nesta zona situarase unha instalación multideportiva de céspede sintético cunhas dimensións de 94x57 metros e sistema de rego.
 
As obras contan cun prazo de execución de 6 meses.