José Ramón Bacorelle Robles, mellor xefe de policía local dos municipios galegos de menos de 25.000 habitantes
Tras máis de dúas décadas como xefe da Policía Local de Valdoviño, ofrecendo un servizo próximo á veciñanza e un traballo comprometido co municipio, José Ramón Bacorelle Robles recibía esta mañá o recoñecemento tamén dos seus compañeiros e compañeiras. Por votación entre os mandos de toda Galicia, era elixido como o mellor xefe de Policía Local en municipios de menos de 25.000 habitantes. Unha distinción que compartía tamén con Manuel Castro, xefe de Policía Local de Caldas de Reis.
O acto de entrega tivo lugar no marco das III Xornadas de Policías Locais de Galicia organizadas por Axempol (Asociación de Xefes de Corpo e Mandos de Policía Local de Galicia) e Unijepol-Galicia (Unión Nacional de Xefes e Directivos da Policía Local), celebradas na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), en A Estrada (Pontevedra).
Nesta liña, o alcalde de Valdoviño, Alberto González, quixo trasladarlle a felicitación de toda a corporación por un recoñecemento que calificou de xusto e máis que merecido, destacando non só o seu traballo do día a día senón a extraordinaria capacidade organizativa á hora de planificar e desenvolver actos e eventos pouco comúns en municipios de menos de 25.000 habitantes, tal que a celebración do Pantín Classic ou o Campionato de España de Surf.