Error message

  • Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls in _menu_load_objects() (line 568 of /home/concellodevaldovino/.ftp-users/arquivo/includes/menu.inc).
  • Deprecated function: implode(): Passing glue string after array is deprecated. Swap the parameters in drupal_get_feeds() (line 385 of /home/concellodevaldovino/.ftp-users/arquivo/includes/common.inc).
  • Notice: Trying to access array offset on value of type int in element_children() (line 6283 of /home/concellodevaldovino/.ftp-users/arquivo/includes/common.inc).

Servizos Sociais e Saúde

Atendendo á Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia e ao Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos Sociais comunitarios e o seu financiamento; enténdense os servizos sociais comunitarios como un conxunto coordinado de prestacións, programas e equipamentos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación. Son de carácter predominantemente local, están referenciados a un territorio e a unha poboación determinados e constitúen o acceso normalizado e o primeiro nivel de intervención do sistema galego de servizos sociais. Ademáis, configúranse como servizos de carácter integrador, o que os constitúe na principal instancia do sistema para o desenvolvemento de intervencións de carácter preventivo, de atención integral a persoas e familias e de incorporación social e laboral.

Os servizos sociais comunitarios estarán coordinados mediante protocolos e sistemas de derivación, información e colaboración cos servizos Sociais especializados, así como con outros servizos para o benestar que operen no mesmo territorio, especialmente cos de saúde, educación, cultura, emprego, vivenda, migracións e, se é o caso, desenvolvemento rural, co fin de favorecer unha intervención integral coas persoas.

Os servizos sociais comunitarios básicos desenvolveranse por medio dun equipo interdisciplinar e coa estrutura organizativa que estableza a administración titular do servizo, sen prexuízo dos requisitos e das dotacións mínimas que regulamentariamente se determinen.

O Concello de Valdoviño conta cun Plan de Servizos Sociais que ten como obxectivo xeral estruturar e regular, como servizo público, os servizos sociais comunitarios básicos no Concello de Valdoviño para a construción do sistema municipal de benestar.

A metodoloxía empregada dende os Servizos Sociais comunitarios de Valdoviño orientarase a acompañar e capacitar ás persoas usuarias nos seus procesos vitais así como a facilitar os cambios daquelas situacións que supoñan un obstáculo para o seu desenvolvemento persoal e social. Neste senso, a intervención dende este ámbito de actuación debe ser activa, dinámica e transformadora, cunha figura profesional proactiva que poña en uso todas as ferramentas posibles adaptándoas aos obxectivos e persoas usuarias e participando dinámicamente nos diferentes ámbitos da comunidade. Os parámetros virán marcados pola necesidade de conectar emocionalmente coas persoas no apoio ao seu funcionamento. O enfoque metodolóxico aplicado céntrase na posta en valor do traballo en equipo de carácter interdisciplinar.

A intervención profesional nos servizos sociais terá como norma xeral un carácter interdisciplinario na procura dunha atención integral. De forma regulamentaria, fixaranse as titulacións e cualificacións profesionais e os rateos de cobertura dos equipos de traballo que actúen nos servizos sociais, de conformidade coa distribución e tipoloxía de áreas sociais previstas no planeamento estratéxico e na normativa vixente en cada momento. Así mesmo, teranse en conta os obxectivos e as características particulares de cada centro, as persoas usuarias, os seus servizos ou programas, de maneira que se lles asegure unha adecuada calidade de servizo e de trato profesional ás persoas destinatarias. De maneira particular, asegurarase nas áreas sociais rurais e de alta dispersión unha oferta de servizos profesionais semellante á que exista no resto do territorio. A cada persoa titular do dereito de acceso ao sistema galego de servizos Sociais asignaráselle unha persoa profesional de referencia no ámbito dos Servizos sociais comunitarios correspondentes, coa finalidade de dar coherencia ao itinerario de intervencións e garantir o acceso aos diferentes servizos e ás prestacións que necesite a persoa ou, se é o caso, a súa familia.

Coa finalidade de definir as liñas de traballo do departamento de Servizos sociais municipais, propónse a posta en marcha de 4 programas municipais diferenciados e interrelacionados entre si (cos seus proxectos específicos), enmarcados dentro dos programas básicos dos Servizos Sociais comuntiarios que define o artigo 9 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento:

  • Programa de xestión administrativa e atención cidadá
  • Programa de atención a persoas maiores, dependentes e persoas con discapacidade. O Servizo de axuda no fogar.
  • Programa de educación e apoio familiar. Coeducación e conciliación.
  • Programa básico de inclusión social. Solidariedade social e Cooperación.