Abertas as inscricións para o Campionato de España de Surfing 2019

Cartaz do campionato

O campionato acollerá aos mellores surfistas españois entre os días 22 e 28 de xuño na praia da Frouxeira con doce títulos nacionais en xogo.
 
O Campionato de España de Surfing, ao que se accede por méritos deportivos, abre o prazo para que todos os deportistas que cumpran os requisitos necesarios poidan confirmar a súa asistencia.
 

Aberto o prazo de inscrición no III Open de Tenis Concello de Valdoviño

O Open celébrase o 2 de xuño

A Concellería de Deportes vén de abrir o prazo de inscrición na terceira edición do Open de Tenis Concello de Valdoviño, que se disputará o 2 de xuño no pavillón municipal do Longoiro, en Meirás. Disputarase en todas as categorías e, para participar, os interesados deberán anotarse chamando ao teléfono 696 84 45 53 ou no correo rubenjustofernandez@gmail.com.

Aberta a inscrición nas I Xornadas de Pesca Infantil Concello de Valdoviño

Cartaz das Xornadas

Valdoviño acollerá ás I Xornadas de Pesca Infantil, organizadas pola Asociación Deportiva O Rodaballo coa colaboración do Concello. Celebraranse o sábado 22 de xuño, de 18,30 a 21,30 horas na praia de Vilarrube, e están dirixidas a nenos e nenas menores de 18 anos.
 
A participación é gratuíta e a inscrición está aberta. Débese formalizar no Concello de Valdoviño de 9 a 14 horas ou a través do email rodaballoferrol@gmail.com (o prazo pecharase o 18 de xuño).

 

Exhibición de fin de curso das actividades extraescolares do CPI Atios

Cartaz da exhibición

O pavillón do CPI Atios de Valdoviño acollerá o 29 de maio, a partir das 17 horas, a exhibición de fin de curso das actividades extraescolares organizadas pola ANPA Beiramar e o Concello. Haberá exhibicións de karate, ximnasia rítmica, baloncesto e patinaxe artístico. Así mesmo, a actividade de piscina contará con xornada de portas abertas o venres 31 de maio na piscina de Caranza.

Agader financiará con 53.876 euros o acondicionamento de camiños rurais en Aviño, Lago e Meirás

Segundo resolución comunicada onte pola Xunta, Valdoviño recibirá 53.876 euros do Plan de Mellora de Camiños Municipais 2019-2020 de Agader para o acondicionamento de varios camiños nas parroquias de Aviño, Lago e Meirás. Unha achega que o Concello percibirá en dúas anualidades e que permitirá o financiamento do 98,83% das intervencións.
 
Levaranse a cabo no camiño da Espiñuda (Aviño), Muíño (Lago) e Riobó e Cuminos (Meirás).

 

Concello e Federación Española de Surf convocan á hostalería local a unha xuntanza sobre o Campionato de España

O Concello de Valdoviño convoca a negocios de hostalería e restauración do municipio a unha xuntanza este venres, 24 de maio, na Casa da Cultura para abordar a súa participación no Campionato de España de Surfing. Comezará ás 10,30 horas e nela tomarán parte o presidente da Federación Española, Carlos García; a concelleira de Turismo, Rosana García, e o alcalde, Alberto González.

Presentado el Campeonato de España de Surfing 2019

Momento da presentación

El Océano Surf Museo de Valdoviño acogió este miércoles la presentación del Campeonato de España de Surfing 2019 que se celebrará entre el 22 y el 28 mes de junio en la Playa de A Frouxeira en Valdoviño.
 

O Concello adoptará todas as medidas precisas para manter o Pantín Classic en Valdoviño, patrimonio dos seus veciños e veciñas

Coa declaración institucional sobre o Pantín Classic aprobada por todos os grupos municipais da corporación en man, e rodeado de concelleiros e concelleiras, o alcalde, Alberto González, saía publicamente aos medios para dar a coñecer a postura do Concello de Valdoviño sobre a celebración do Pantín Classic fóra do termo municipal. Ao acto, celebrado na Casa da Cultura, acudiron tamén representantes das escolas de surf locais, da hostelería, da restauración, de empresas vinculadas ao surf, entidades veciñais e  veciños e veciñas en particular.

Declaración institucional sobre el Pantín Classic coma patrimonio de Valdoviño

O Pantín Classic é máis que unha proba deportiva, máis que un campionato de surf: é PATRIMONIO de todos os veciños e veciñas de Valdoviño, e en especial dos de Pantín, quenes coa súa xenerosidade e traballo fixeron posible desde hai 32 anos a súa celebración.
 

Valdoviño recibe a axuda solicitada á UE para dotar de WIFI a contorna da Frouxeira

O paseo da praia e lagoa da Frouxeira converterase no primeiro espazo público do municipio en dispor de conexión wifi gratuíta para os veciños e veciñas. Será cunha axuda procedente da UE, que seleccionou o proxecto do Concello entre os máis de 10.000 presentados á convocatoria de axudas "Wifi4EU".
 
Recibirá unha subvención estimada en 15.000 euros para a instalación e o equipamento de equipos de wifi nesta contorna, de modo que o custe da iniciativa sexa cero para as arcas municipais.
 

Páxinas

Subscribirse a noticias