Os municipios da Mancomunidade extreman os controis por estrada ante a posible chegada de persoas foráneas na Semana Santa

Aviso Mancomunidade

Os municipios que integran a Mancomunidade de Concellos de Ferrol (Ferrol, Narón, Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Mugardos, Neda e Valdoviño) extreman estes días os controis de vixilancia ante a proximidade da Semana Santa e a previsión de que con motivo destas datas poidan desprazarse persoas procedentes doutras cidades que teñen aquí unha segunda residencia ou que se dispoñen a aproveitar esas datas para facer turismo.

O Concello de Valdoviño activa “Tarefas escolares a domicilio” para familias sen ordeador ou conexión a Internet

Cartaz da iniciativa

Nesta situación na que nenos e nenas reciben dun xeito telemático as tarefas ou propostas para realizar nas súas casas, resulta complicado para algunhas familias desenvolver as actividades ao non contar con ordeador ou con Internet. Por iso, o Concello informou esta mañá da posta en marcha dun servizo para facilitar este labor ao estudantado.
 
Así, en caso de precisar apoio, a familia debe contactar co departamento municipal de Servizos Sociais e este coordinarase cos centros escolares na recepción dos traballos ou para fotocopiar o material e poder achegalo ás casas.

O Concello informa de que Viaqua suspenderá os cortes de subministro do servizo por impagos na situación de alerta

Auga

Nesta situación de crise, o Concello de Valdoviño informa de que a empresa concesionaria do servizo de augas, Viaqua, decidiu adoptar unha serie de medidas importantes de cada á veciñanza e aos negocios.
 
-Permitirá financiar ou aplazar o pago de facturas, sen intereses, a todos os colectivos que presenten dificultades.
 
-Ás empresas pechadas non se lles computará no recibo o contabilizado dende o día 13 de marzo.
 
-Ampliará o plazo do periodo voluntario de pago de facturas a 90 días.
 

Os concellos da Mancomunidade coordinarán as medidas fiscais para apoiar aos sectores máis perxudicados polo estado de alarma

Momento da xuntanza

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol celebrou onte pola mañá unha reunión por videoconferencia. Foi presidida polo presidente e alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e contou coa asistencia da totalidade dos representantes municipais que integran este órgano: os alcaldes Julio Iglesias (Ares), Carlos Ladra (Cabanas), Pablo Moreda (Cedeira), Juventino Trigo (Fene), Juan Domingo de Deus (Mugardos), Marián Ferreiro (Narón), Ángel Alvariño (Neda) e Alberto González (Valdoviño) e o segundo representante do Concello de Ferrol no pleno da Mancomunidade, Iván Rivas.

Súmaste a #VoluntariadoValdoviño?

#VoluntariadoValdoviño

Nesta situación de crise, as mostras de solidariedade da veciñanza de Valdoviño están a ser IMPRESIONANTES. O Concello, especialmente a través do departamento municipal de Servizos Sociais, está a recibir un sinfín de chamadas de veciñas e veciños, empresas, asociacións… que dunha forma ou doutra queren axudar nesta difícil situación a aqueles/as que máis o precisan. E, paralelamente, a axuda solicitada por persoas maiores, soas e en situación de vulnerabilidade tamén medra día tras día. Co fin de aunar unha e outra, o Concello vén de activar #VoluntariadoValdoviño.
 

O Concello solicita a colaboración cidadá para alertar de situacións de persoas que vivan soas e poidan precisar axuda social

Teléfonos Servizos Sociais

Coñeces a algunha persoa que viva soa e poida precisar algún tipo de apoio social neste momento? Esta é a pregunta que lanza á veciñanza o Concello de Valdoviño para, xuntos, lograr achegar esa axuda a todos e todas as veciñas que o precisen. Se a resposta é positiva, e apelando á colaboración cidadá, o departamento municipal de Servizos Sociais pon á súa disposición dúas liñas telefónicas específicas para comunicalo: 981 487 041 (extensión 5) ou 618 691 091.
 

O Concello de Valdoviño activa unha liña telefónica de apoio psicolóxico

Recomendacións

O Concello de Valdoviño vén de activar un servizo de apoio para aqueles veciños e veciñas que nestes momentos de confinamento se sintan mal e precisen de axuda psicolóxica ou necesiten falar. Deben descolgar o teléfono e chamar aos números 981 487 041 (extensión 5) ou 618 691 091.
 

As actividades deportivas do Concello, vía whatsapp, online ou telefónica

Deporte no domicilio

Porque cada situación é diferente, e a fin de garantir a continuidade das actividades deportivas do Concello de Valdoviño neste tempo de confinamento, os/as monitores artellaron diferentes fórmulas adaptadas á situación, circunstancias e medios tecnolóxicos dos/as alumnos e alumnas.
 

Un cumpreanos un pouco máis alegre para os nenos e nenas de Valdoviño

Cartaz da iniciativa

O Concello de Valdoviño e Protección Civil propuxéronse darlles unha sorpresa e, con sorte, arrincarlles un sorriso a todos os nenos e nenas de Valdoviño que estén de cumpreanos nestes días de confinamento obrigado polo coronavirus. Con esta intención, e a petición dos seus pais e nais, acudirán nesas datas tan sinaladas ata as inmediacións dos seus fogares cos vehículos municipais. Alí, farán soar as sereas e activarán as luces para acompañar o cumpreanos feliz.
 

Os traballos realizados na antena do Coval ampliarán o alcance do sinal de televisión, telefonía e Internet

Antena do Coval

A instancias do Concello, Movistar completaba no día de onte os traballos eléctricos na antena municipal do Coval, necesarios para mellorar as comunicacións no municipio e, nomeadamente, evitar os problemas de recepción do sinal en zonas de Loira, Pantín, Vilaboa e Vilarrube.
 

Páxinas

Subscribirse a noticias