15Novembro: Día sen Alcol

Este sábado día 14 de novembro, de 10:00 a 13:00 horas, no pavillón polideportivo do Ensanche, terá lugar unha actividade organizada pola Asociación de Exalcólicos de Ferrolterra, dentro das accións programadas estas semana con motivo do Día Sen Alcol, na que participarán as escolas deporte inclusivo da Mancomunidade.

Chernobyl a través dos ollos de César Toimil

Prohibida a Apertura Forzada da Porta

César Toimil, fotoxornalista de La Voz de Galicia, presenta este venres 13 de novembro o documental Prohibida a Apertura Forzada da Porta, no que resume as súas experiencias en Chernobyl ao longo de 8 anos e de coma o home supera as adversidades creadas polos seus propios erros.
 
O acto terá lugar no Auditorio da Casa de Cultura de Valdoviño ás 20.30 horas.

Programación cultural de novembro

Actividades do mes de novembro

Exposicións, música, teatro, cine e unha andada urbana para apoiar a eliminación da violencia contra as mulleres son algunhas das actividades programadas para este novembro en Valdoviño.

Suspendida a presentación do videoclip "La lluvia que te adorna"

A presentación do videoclip do tema La lluvia que te adorna, de Marcos Mella, no que se inclúen paisaxes de Valdoviño, prevista para este sábado foi suspendida ata unha nova data.

 

Taller municipal de avellentamento activo: Estimulación cognitiva

O Concello programa un obradoiro de estimulación cognitiva dirixido a todas as persoas empadroadas en Valdoviño que teñan de 60 anos en adiante. Esta actividade impartirase na Biblioteca Municipal, os martes de 17:00 a 18:15 horas, e nun local en Meirás, os xoves de 09:30 a 10:45 horas, ata o mes de maio de 2016.
 
O taller traballará a memoria, fixación e atención, contando con material bibliográfico e lúdico específico.
 

O Concello incorpora novos viais

O Concello de Valdoviño será propietario dun tramo da estrada AC-116 (Catabois-Valdoviño), arredor da glorieta de Robles, e de elementos auxiliares da vía Narón-Campo do Hospital (AC-566), entre os que se inclúen zonas de estacionamento, paradas de autobuses e beirarrúas.
 

Colaboración cultural entre concellos

Representantes políticos e técnicos de Cultura dos concellos de Valdoviño, Cedeira, Cariño, Ortigueira, San Sadurniño, Cerdido e Moeche reuníronse este venres en Cedeira para valorar a posibilidade de levar a cabo proxectos conxuntos e diversas colaboracións nesa área.
 
Logo dunha primeira toma de contacto positiva, estes concellos da comarca continuarán a traballar na concreción de propostas comúns que permitan dar mellores servizos aforrando custos.

Bando: Consulta do censo electoral

A alcaldesa accidental de Valdoviño, Rosa Ana García, vén de publicar un bando (Bandos) no que informa da posta a disposición pública do censo electoral do Concello. O prazo de consulta vai do 2 ao 9 de novembro (inclusive), nas oficinas municipais, Negociado de Estatística.
 
Para máis información hai un teléfono de chamada gratuíta: 901 101 900.

Liga galega de tiro con arco

Cartel da competición

A liga galega de tiro con arco 2015 dispútase en Valdoviño. O pavillón municipal do Longoiro abre este sábado 31 de outubro as competicións, con entrada de balde.
 
As probas en modalidade de arco recurvo comezarán as 17:00 horas e continuarán os días 14 de novembre e 12 de decembro (a gran final).

Valdoviño, escenario de cine

Foto: Juan Luis Rúa

O entorno da capela do Porto foi estes días escenario da rodaxe do filme Sol y Luna, unha coprodución hispanodominicana dirixida por Jose Enrique Pintor e protagonizada por Frank Perozo e Nerea Barros.
 
A mesma zona de Meirás foi tamén protagonista a semana pasada da rodaxe dun capítulo da serie Hospital Real (Televisión de Galicia).
 

Páxinas

Subscribirse a noticias