Cooperamos! Encontro para o intercambio e visibilización de boas prácticas cooperativas

Experiencias cooperativas na túa comarca e en Galicia.
É unha xornada presencial o día 7 de novembro durante a maña e a tarde na Cooperativa do Val (Narón).
Enmárcase dentro do programa de actuación 2014 da REde Eusumo (rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Cª de Traballo e Benestar para o foemento do cooperativismo e a Economía Social).
Máis información: www.comarcaferrolterra.es
dregueiro@ferrol.es ou no tlf. 981944000 - ext.692

Xuntos polo Nadal

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaria Xeral de Política Social organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopan soas nestas datas, xa sexa pola carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.
Este programa vaise desenvolver entre o 23 de decembro de 2014 e o 2 de xaneiro de 2015, e comprende os seguintes servizos:

I Certame de fotografía anterior a 1970

O Concello de Valdoviño convoca o I Certame de fotografía tomada con anterioridade a 1970 no propio concello. Trátase dun proxecto promovido co fin de recompilar e divulgar documentos fotográficos cos que reconstruír a historia do concello, e asemade, utilizar unha selección de fotografías para ilustrar o calendario municipal do ano 2015.
 

Informática entretida para maiores - "Envellecemento Cero III"

Dentro do programa de Envellecemento Satisfactorio, subvencionado pola deputación da Coruña, o concello de Valdoviño pon en marcha uns obradoiros de Informática Entretida  dirixido a persoas de máis de 55 anos.
Pretende ser un espazo no que se descubra a utilidade das novas tecnoloxías na vida cotiá: buscar unha receita, comunicarse coas netas ou netos, mellorar fotos antigas, mandar mensaxe cun móbil…

III Programa de Deporte e Actividade Física Adaptada e Inclusiva

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrolterra coa colaboracón da Deputación da Coruña desenvolverá por 3º ano consecutivo o seu Programa de Deporte e Actividade Física Adaptada e Inclusiva.
É un programa inclusivo aberto á diversidade funcional, no que poden participar todas as persoas interesadas, independentemente de que precisen ou non adaptacións para practicar deporte.
A participación é gratuita. O transporte adaptado está á disposicion das persoas usuarias.
MODALIDADES DEPORTIVAS:
- Baloncesto en cadeira de rodas (Fene)
- Boccia (Naron)

Licitacións en curso e adxudicacións

O Concello vén de licitar as obras de Reparación e mellora do firme en pistas parroquias de abaixo e Reparación e mellora do firme en pistas parroquias de arriba . Estas e outras tres contratacións máis están abertas e toda a súa información dispoñible no Perfil de contratante da web.
 

Curso exprés de hostalaría

O Concello de Valdoviño organiza un Curso exprés de servizos básicos de restauración, a celebrar os días 8 e 9 de outubro na Casa da Cultura. As persoas interesadas en participar no curso, que é gratuíto, deben inscribirse na Casa da Cultura de 11:00 a 13:00 horas ou de 16:00 a 19:00 horas ou chamando ao 981 487 666 no mesmo horario.
 
As prazas son limitadas e con preferencia para persoas empadroadas en Valdoviño. O único requisito é ter un mínimo de 16 anos.

Horario: mércores 8 e xoves 9 de outubro, de 15:00 a 18:00 horas.
 
Contido:

Concurso de ideas para a asignación de nome a rúas de Valdoviño

Novo rueiro de Valdoviño

Algunhas das rúas do núcleo urbano de Valdoviño non teñen nome, o que dificulta a súa identificación e a numeración das edificacións existentes. Para cambiar esta situación, o Concello de Valdoviño porá nome a 69 rúas do núcleo de Atios e o seu entorno máis inmediato.
 
Co obxectivo de facer esta selección dun xeito completamente aberto e participativo, convócase un concurso público de ideas, destinado a escoller o nome desas vías.
 

Bases da convocatoria de subvencións dirixidas ás familias para material escolar (curso 14/15)

Constitúe o obxecto das presentes bases, a regulación da convocatoria pública, por parte do Concello de Valdoviño, para a tramitación e concesión de subvencións destinadas a familias, para os gastos de material escolar (infantil, primaria e secundaria).
Ábrese o prazo dende a publicación deste anuncio ata o 30 de Outubro de 2014.
 
Máis información: ver en convocatorias ou chamando ao tlf. 981487041-ext.5

 

Contratación da limpeza de cunetas e obra de drenaxe nas parroquias

O Concello de Valdoviño vén de licitar a limpeza de cunetas e obras de drenaxe nas parroquias de Pantín, Vilarrube, Vilaboa e Loira, obra incluída no POS 2014. Toda a información referente a esta contratación atópase no apartado correspondente do Perfil de contratante: Limpeza de cunetas e obra de drenaxe.
 

Páxinas

Subscribirse a noticias