Inscrición no Rexistro Municipal de Asociacións

O alcalde de Valdoviño vén de publicar un bando no que fai saber que, con motivo da aprobación do novo regulamento de Asociacións do concello de Valdoviño, todas as entidades deberán formalizar a súa inscrición no novo Rexistro de Asociacións.
 
As asociacións deberán entregar na Secretaría do Concello a documentación sinalada no Regulamento, documento que pode consultarse íntegro na seguinte ligazón: Aprobada a Ordenanza do Rexistro Municipal de Asociacións.
 

Aprobada a Ordenanza do Rexistro Municipal de Asociacións

O BOP publicou a aprobación definitiva da Ordenanza reguladora do Rexistro Municipal de Asociacións.
 
O texto completo da ordenanza inclúese de seguido, publicándose tamén no xunto ao resto de normativas no apartado correspondente á Lexislación
 
Ordenanza reguladora do Rexistro Municipal de Asociacións
 
Exposición de motivos
 

Os Monicreques de Kukas en Valdoviño

Xan Perillán

Os Monicreques de Kukas celebran o Día do Teatro o vindeiro domingo 27 de marzo, coa presentación de “Xan Perillán compra queixo, compra pan”. Ás 18:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura.
 
Os Monicreques de Kukas é unha das compañías de títeres máis antigas e prestixiosas do panorama teatral galego.
 
Espectáculo para público familiar, con entrada gratuíta.
 

La Vuelta Ciclista a España pasará por Valdoviño

O alcalde, Alberto González, e o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, acudiron este xoves ao acto de presentación de La Vuelta Ciclista a España, que na edición deste ano pasará por Valdoviño.
 
Nesa mesma xornada o alcalde percorreu o Centro de Saúde de Valdoviño cos concelleiros de Obras, co xerente da Área Sanitaria e con personal da propia instalación, co obxecto de comprobar as necesidades do mesmo e prever as actuacións a realizar.
 

Pequenos concelleiros

Os concelleiros honorarios

35 estudiantes de 1º e 2º de Primaria do CPI Atios de Valdoviño realizaron unha visita á Casa do Concello para coñecer o seu funcionamento. Na visita recibiron de mans do alcalde un diploma de "concelleiros honorarios".

Programa Familias Acolledoras Xunta de Galicia - Cruz Vermella

É unha medida de protección para darlle un fogar a nenos, nenas e adolescentes que están baixo a tutela o garda da Xunta de Galicia porque non poden ser atendidos/as axeitadamente polas súas familias.
 
Hai acollementos máis curtos e outros máis longos, pero cumpre ter moi claro que o acollemento é sempre temporal e non rompe os vínculos do neno ou nena coa súa familia de orixe, ao contrario, a familia acolledora debe colaborar para que se manteñan e se fortalezan estas relacións, de cara ao regreso do/da menor ao seu fogar.
 

Puntuacións na selección dun operario de maquinaria

O tribunal do proceso de selección dun operario de maquinaria para o Concello de Valdoviño vén de facer públicas as puntuacións obtidas polos candidatos.
 
Toda a información sobre esta convocatoria pode atoparse nesta ligazón: Selección dun operario de maquinaria.

 

Información e recollida de suxestións para o PXOM

Compoñentes do equipo de Goberno estarán este sábado 19, a partir das 10:30, na Casa da Cultura para recoller suxestións dos veciños sobre o Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOM), así como para realizar as aclaracións necesarias sobre a documentación de traballo do Plan.
 

Actividade cultural da semana

Venres 18 de marzo (19:00h), no Auditorio. Lectura-presentación do libro infantil “O Reloxo”. Escrito por Juana Vera Meizoso, editado por Embora e ilustrado por Eneko Las Heras. Este libro foi finalista do Premio Europeo de Literatura Infantil e Xuvenil Ilustrada “Apel-Les Mestres” na súa versión en cor. Entrada aberta a todo o público.
 

Proxecto: IGUAIS, Eu quero ser...

IGUAIS, Eu quero ser...é un proxecto que parte dunha ANPA de Ferrol e no seu camiño vanse sumando diferentes persoas e institucións. A idea orixinal ten por obxectivo montar unha exposición dinámica no que se asocian persoas a profesións, poñendo de manifesto as atribucións estereotipadas  en función do xénero.
A exposición presentouse o día 8 de marzo e estará no Carballo Calero ata o vindeiro 23 de marzo.

Páxinas

Subscribirse a noticias