XV Festival do Entroido

Este sábado 21 celébrase o XV Festival do Entroido, con comezo na Casa da Cultura ás 18:00 horas e pasarrúas Casa da Cultura-Concello-Casa da Cultura.
 
Presentan Isabel Risco e Fran Rei. A orde de saída é a seguinte:
 

Memoria Programa Achega 2014

O Programa ACHEGA impulsado polo Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios, no ano 2014, tivo como obxectivos os seguintes: continuar co impulso dun programa marco para a realización de actuacións de axuda social, sensibilizar á poboación sobre a existencia de necesidades nas familias veciñas, implicar aos diversos axentes da comunidade na consecución das axudas e conseguir recursos inmediatos que permitan resolver as situación de emerxencia das familias do Concello.

Novidades Ticket eléctrico

No Consello da Xunta celebrado onte  informouse das melloras que e van aplicar na vindeira convocatoria de axudas do Tícket eléctrico social co obxectivo de facilitar o pagamento da factura nos fogares máis necesitados. Neste sentido, e co fin de chegar ao maior número de familias posibles, a orde simplifica os trámites de acceso para presentar as solicitudes e duplica a contía das axudas, do seguinte xeito:

Vacacións en Paz - Programa de Acollida de nenos/as saharauis

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios, INFORMA que aínda está aberto o prazo de solicitude para aquelas familias do concello que estean interesadas en acollerse a este programa.
A finalidade do programa é trasladar aos nenos e nenas saharauis, procedentes dos campamentos de refuxiados/as saharauis eb Tindouf (Alxeria) para pasar dous meses de verán acollidos/as por familias galegas.

XV Festival do Entroido do Concello de Valdoviño

Haberá que entregar a inscrición e os documentos anexos cumprimentados na Casa da Cultura nas seguintes datas e horarios:

  • 9,10, 11, 12 e 13 de febreiro, das 16:00 ás 18:30 horas.
  • 16, 17 e 18 de febreiro, das 11:00 ás 14 horas.

Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos

Normativa:
Orde do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2015.(DOG nº 21 do 02/02/2015)

Obxecto:
Establecer as bases e convocatoria para a concesión da prestación familiar por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2015.

Persoas beneficiarias:

Programa de Activación para el empleo (SEPE)

¿Has agotado tu protección por desempleo y el PREPARA y ninguna de las vías se adecua a tu situación?
Infórmate sobre el Programa de Activación para el Empleo

Convocatoria da praza de Xuíz de Paz no Concello de Valdoviño

Convócase a elección de Xuíz de Paz titular no Concello de Valdoviño, segundo o anuncio adxunto.
 
O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (23/01/2014).

Obra de teatro o domingo 25

Este domingo 25 de xaneiro representarase no Auditorio Municipal a obra de teatro O xardín dos pobres, do grupo A Pombiña, en lugar da prevista Ela, a miña amante e a miña señora, de Quemaisten Teatro.
 
A obra é apta para todos os públicos e comezará ás 19:00 horas.

Programa "Xuventude Promete"

O Concello de Valdoviño participa no programa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado "Xuventude Promete", que oferta 3 días no albergue xuvenil Lugo 2 a mozos de 14 a 18 anos. O importe deste programa é de 25 euros, co carné xove, e o prazo de inscrición ata o 9 de febreiro. Máis información na Casa da Cultura de Valdoviño.

Páxinas

Subscribirse a noticias