O Concello de Valdoviño abre o prazo de inscrición nos Campamentos Deportivos de Verán da Deputación

Cartaz do Campamento

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes, vén de abrir o prazo de inscrición nos Campamentos Deportivos de Verán 2018 da Deputación provincial da Coruña. Este ano, ó municipio asignáronlle tres prazas para a quenda do 7 ao 12 de xullo. Así, as persoas interesadas en optar a unha delas, necesariamente empadronadas en Valdoviño, poden presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral ata o 31 de maio, incluído.
 

As obras de ampliación da estrada da Deputación en Loira obrigan á retirada puntual do alumbrado público

O Concello de Valdoviño informa de que debido ás obras de ampliación da estrada da Deputación en Loira se procederá á retirada puntual da iluminación pública namentras Fenosa non conclúa o retranqueo dos postes. Agardando que sexa pouco tempo, namentras o Concello pide desculpas e precaución á hora de circular tanto aos condutores coma aos peóns aos que se lles lembra a necesidade de portar elementos ou prendas reflectantes.
 

 

Inscrición aberta no Itinerario polos Espazos de Saúde de Ferrol

As persoas interesadas en tomar parte no Itinerario polos Espazos de Saúde de Ferrol, guiado polo profesor Orlando Jara, deben inscribirse na Casa da Cultura de Valdoviño ou chamar ao teléfono 981 48 76 66. De 10 a 14 horas e o prazo remata este venres, incluído.
 
O itinerario, que permitirá percorrer as principais instalacións sanitarias e tamén aqueles espazos que noutrora tiveron este uso, celebrarase este venres 10 de maio con saída do Instituto de Canido ás 17,30 horas.

 

O Concello informa do cambio de empresa prestadora do servizo de axuda no fogar

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Servizos Sociais, informa para coñecemento das familias beneficiarias do servizo de axuda no fogar do cambio da empresa prestadora do servizo. Un cambio, efectivo a partir de hoxe, derivado da adxudicación do contrato á UTE Aras Multiservicio SLU-People Plus Innovation SL. por 2.910.213,76 euros para os próximos 4 anos, a razón de 727.553,44 euros anuais.
 

Felicitación ao SD Valdoviño

O Concello de Valdoviño quere felicitar ao clube de fútbol SD Valdoviño polo seu título de Liga e o correspondente ascenso á Primeira División Autonómica. Parabéns!

O Concello abre este luns a inscrición no II Itinerario Literario por Valdoviño

O Concello de Valdoviño abrirá este luns 6 de maio o prazo de inscrición no II Itinerario Literario por Valdoviño, no que se convida á veciñanza a percorrer todas as parroquias facendo unha parada nelas para ler unha breve lembranza a modo de recoñecemento dalgún/a autor-a literario que estea ligado directamente co territorio.
 

A actriz Stephy Llaryora trae a Valdoviño o seu monólogo “Eu quero ser galega”

Eu Quero Ser Galega

O auditorio da Casa da Cultura acollerá este domingo 5 de maio o monólogo «Eu quero ser galega», a cargo da actriz Stephy Llaryora. Será a partir das 19 horas, con entrada libre e de balde ata completar aforo.
 
O espectáculo consta de dúas partes diferenciadas, cada unha co seu contido e personaxe independente. Parte da súa graza está na transformación dunha parte noutra, así como no uso do castelán e o galego.
 

O Concello convoca unha “quedada” para pintar as paisaxes de Valdoviño

O Concello, a través da Concellería de Cultura, organiza unha nova “quedada” no municipio para pintar ao aire libre. Non hai límite de idade, tan só ganas de compartir unha mañá creativa en Valdoviño. A “quedada” estará guiada polo pintor Manuel Carballeira e celebrarase este domingo 5 de maio. O punto de encontro será a Casa da Cultura, ás 10 horas. Iso si, os participantes deberán formalizar a súa inscrición. Poden facelo dende xa e ata este venres 3 de maio, de 10 a 14 horas, na Casa da Cultura ou no teléfono 981 48 76 66 (sinalando nome e apelidos, idade e parroquia).

O Concello organiza unha xornada de portas abertas coincidindo coa apertura do prazo de preinscrición na Aula da Natureza-PAI

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello celebrará este xoves 2 de maio unha xornada de portas abertas na Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia coincidindo coa apertura do prazo de preinscrición neste recurso de cara ao vindeiro curso. Celebrarase de 16,30 a 18,30 horas, de modo que as persoas interesadas poidan coñecer de preto non só as instalacións senón tamén o proxecto educativo do centro, baseado no respecto polo medio e a contorna.

Últimos días para anotarse ao xantar da XIX Mostra de Asociacións de Valdoviño

A XIX Mostra das Asociacións de Valdoviño celebrarase este sábado 4 de maio en Meirás e, máis concretamente, no pavillón municipal do Longoiro a partir das 13 horas e durante toda a xornada. Organizada polas asociacións culturais, veciñais e deportivas, a asociación de amas de casa, a ANPA e o Concello de Valdoviño, as persoas interesadas en tomar parte aínda poden adquirir os seus tickets para o xantar (o prazo remata este mércores 1 de maio). Están a disposición do público nas asociacións organizadoras.
 

Páxinas

Subscribirse a noticias