Open de surf, longboard e paddle en Pantín

Este fin de semana celebraranse na praia de Pantín a segunda proba open de surf do Circuíto Galego 2013, proba clasificatoria para a final do Campionato de España, e a segunda proba open de longboard e paddle do Circuíto Galego 2013.
 
A competición está organizada pola Federación Galega de Surf e conta coa colaboración do Concello de Valdoviño, TSP e a Escola de Surf de Pantín entroutros. O programa previsto deixa a proba de surf open masculino exclusivamente para o domingo, debido á previsión de ondas moi favorables.
 
Durante estes días manterase a campaña de recollida solidaria de tapóns, en colaboración con Begano, polo que a organización pide aos competidores a súa axuda, depositando os tapóns das súas bebidas Powerade na bolsa que estará situada á beira da carpa de xuíces.
 
O programa completo é:
 
SÁBADO 22
Longboard open, paddle open, surf  open feminino e surf máster masculino.
Check in ás 9:00 horas.
Inicio do campionato: 9:30 horas.
10:00 2 series triais long
10:50 1/2 long
11:40 1/2 paddle
11:40 Checking surf feminino e surf máster
12:30 1/4 surf open feminino
13:30 Comida
14:30 1/2 surf open feminino
15:30 1/2 surf máster
16:30 Final paddle
17:10 Final surf open feminino
17:40 Final surf máster
18:15 Final long
19:30 Entrega de Trofeos
 
DOMINGO 23
Só surf open masculino
Check in: 9:00 horas
O horario distribuirase segundo as condicións do mar.