Curso de "Preparación para a Xubilación"

Cursos de Formación Semipresenciais: Maio - Xuño 2013.
 
O Obxecto do curso é facilitar o tránsito da "vida laboral activa" á "xubilación activa". Está dirixido a persoas maiores de 55 anos. As prazas son limitadas, por orde de solicitude e mediante unha inscrición a realizar nesta web ata o 10 de maio. O prezo é de balde.
 
A duración do curso será de 80 horas (18 presenciais + 62 a distancia) e se impartirá nas seguintes cidades: Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
 
Os contidos a tratar no curso serán:

  • Novas Tecnoloxías
  • Saúde Física
  • Saúde Mental
  • Tempo Libre e Participación Social
  • Aspectos Xurídicos e Económicos

Organiza: Xunta de Galicia, en colaboración co Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia.