O Concello repara pistas e camiños por medio do PEIM Rural

O Concello de Valdoviño, con cargo á subvención da Consellería do Medio Rural e do Mar, finaliza a reparación de varias pistas e camiños na súa zona de influencia.
 
Con cargo ao PEIM RURAL (Proxectos Estratéxicos de Infraestructuras no Medio Rural) arregláronse varias pistas municipais por un importe global de 79.016,75 €, quedando unicamente pendente un tramo nunha pista en Vilaboa que se finalizará o luns 6 de maio.
 
En concreto as pistas amañadas son as seguintes:

  • Na parroquia de Vilaboa: un camiño en San Pedro (5.175,55 €) e un camiño na Figueira (4.422,02 €).
  • Na parroquia de Pantín: un camiño en Lagares (6.094,72 €) e un camiño en Marnela de Abaixo (1.380,62 €).
  • Na parroquia de Loira: un camiño en Candail (2.898,72 €) e un camiño en Lagares (4.777,92 €).
  • Tamén se arreglou a pista que vai dende o monte do Esperón á Pena en Valdoviño (31.020,04 €), pista moi transitada, e que comunica Valdoviño coa parroquia de Sedes (Narón).