Probas de avaliación en competencias clave nivel 2 e 3

Data: 
venres, 19 Abril, 2013
Obxecto: 

 
RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro da formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia
Artigo 1. Obxecto
O obxecto desta resolución é convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 3. Lugar e prazo de presentación de solicitudes
1. A participación nestas probas deberá formalizarse presentando unha solicitude segundo o modelo ddo anexo I desta resolución, dirixida ao Instituto Galego das Cualificacións debidamente cuberta.
2. O prazo para presentala é a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 3 de maio de 2013.
Máis información: DOG Nº 76 , de 19 de abril de 2013

Fase de tramitación:
Páxina: 
Servizos Sociais e Saúde